lunes, 14 de noviembre de 2016

Bande 5-0 Gremio. Seguimos na picota

Asomándonos a Champions. É o máis reseñable que podemos decir dun partido con pouca historia a verdade.  Solamente a satisfacción de derrotar a o ata ese momento líder da categoría.

As circunstancias previas que rodeaban o encontro empañaron un pouco a posta de largo do equipo. Cambiar fútbol por Magosto debería preverse con anterioridade... Volvendo o fútbol, contamos cun hipermotivado Gascoine.Traia moitas ganas e demostrouno. Desbordaba Red bull por as venas.

O equipo comezou coma sempre algo apagado e co paso dos minutos foron caendo os goles, case por inercia. Poideron ser moitos máis. Ocasións de prácticamente todos os xogadores.
Alguns fallos de verbena as 9 da mañá e as desconcentracións naturais de xogar contra 8.

Destacar o fin da sequía de Luis (a partir de agora van caer coma churros) e do míster que rendiu moi ben despois de tempo sen xogar.

No minuto 70 entre o árbitro e os contrarios deron por finalizado o castañazo con 5 goles no carro. Detiveron a sangría e mandamos o Alberto a facer a carne.

Goles:
1-0 Pin
2-0 Luis
3-0 Victor
4-0 Alberto
5-0 Alberto

Bande: Dias/ Pepe Quintas, Pablo, Julio, Giro/ Tito, Pin, Alberto, Victor/ David e Luis.
Tamén xogaron: Gascoine, Jose Armada e Edu.

Agradecer a sesió de fotos de Jonhi.
















1 comentario: