jueves, 7 de septiembre de 2017

Ribeiro 2-4 Bande

Primeiro partido oficial da tempada e primeira victoria.  O rival, un equipo o que si ben derrotamos nos 2 encontros do ano pasado (2-1 e 0-1), sempre se nos fai moi costa arriba.

Con Edu baixo os paus por a ausencia de Días e con baixas de última hora, afrontábamos o partido con ganas e coa incertidumbre propia das primeiras xornadas, nas que o físico non suele acompañar.

Comezamos o partido moi ben asentados no campo. Xogo de toque e con poucas imprecisións no medio campo, arriba a velocidade de Manu facíalles moito dano e pouco a pouco fomolos arrinconando ata o 0-1. Despois dunha boa xogada de combinación, un rexeite rival deixa un balón morto, que engancha Alberto dende 30 metros e acaba no fondo da rede. Non lle quero dar moita comba, porque sabemos como é jaja, pero hay que recoñecer que era difícil pegarlle tan ben e colocado. Sigue así pichichi.