jueves, 7 de septiembre de 2017

Ribeiro 2-4 Bande

Primeiro partido oficial da tempada e primeira victoria.  O rival, un equipo o que si ben derrotamos nos 2 encontros do ano pasado (2-1 e 0-1), sempre se nos fai moi costa arriba.

Con Edu baixo os paus por a ausencia de Días e con baixas de última hora, afrontábamos o partido con ganas e coa incertidumbre propia das primeiras xornadas, nas que o físico non suele acompañar.

Comezamos o partido moi ben asentados no campo. Xogo de toque e con poucas imprecisións no medio campo, arriba a velocidade de Manu facíalles moito dano e pouco a pouco fomolos arrinconando ata o 0-1. Despois dunha boa xogada de combinación, un rexeite rival deixa un balón morto, que engancha Alberto dende 30 metros e acaba no fondo da rede. Non lle quero dar moita comba, porque sabemos como é jaja, pero hay que recoñecer que era difícil pegarlle tan ben e colocado. Sigue así pichichi.




Varios acercamentos nosos e pouco traballo para Edu, que so tivo que sacar unha, moi boa, man, e un balón o longueiro que fixo xustiza dado o pouco xogo rival nesta parte.
Destacar o bo rendemento de César Vergara no seu retorno o equipo. Cumpliu con creces, xogando con moito sentido e buscando sempre a opción máis sinxela (xogador a seguir).

A segunda parte iniciou moito máis igualada. Quizáis o físico, ou algo de relaxación fixo que o partido se trabara máis e entra semos máis no seu xogo. O seu número 16 Óscar facíanos dano cos seus contínuos regates e o 11 Roberto (sí o "dianteiro grande") puñanos en problemas cando recibía o balón en pases normalmente altos.

Por a nosa parte 2 xogadores se agrandaron e fixeronnos aguantar os arreóns moito mellor.

Por unha parte Pepe no seu querido posto de central (ironía on), impenetrable e demostrando que en calquer lugar do campo que o poñas cumple de 10, o noso Nacho particular.

Por outra Tito. Partidazo que se marcou, cortando, distribuíndo e sempre colocado no seu sitio e apagando os lumes que se poideran producir. Seda e clase.

E pegamos o arreón. Cando parecía que en calquer xogada de barullo nos podían empatar, metimos unha marcha máis e finiquitamos o partido. Os goles de Tito (penalty), Manu e Negro sentenciaban o partido 0-4 a falta de 20 minutos. Quero destacar o de Manu por a velocidade e o gran pase de Elías. Pode ser ou non fóra de xogo (para mín non foi), pero unha cousa é clara: Manu en carreira é imparable. Unha lebre que en 2 metros lle sacaba xa 4 os defensas. O galgo máis rápido da liga e un luxo para o nosos equipo.

De ahí ata o final e ca relaxación do traballo feito, encaixamos 2 goles (tirón de orellas xeneral), e poidemos facer un par deles máis.

Boa imaxe no estreno e 3 puntiños que voan cara a Baixa Limia.

Goles: 0-1 Alberto; 0-2 Tito (Pen.); 0-3 Manu; 0-4 Negro; 1-4; 2-4.


Bande: Edu/ José, Julio, Pepe, Giro/ Tito, Alberto, Negro, Víctor, Eli/ Manu.
Tamén xogaron: César, Luis, César Vergara e David.





No hay comentarios:

Publicar un comentario