Mostrámonos serios no campo coma poucas veces. Poucas perdas de balón e moita disputa de balón no medio. Foi un partido de poucas ocasións, pero no que calquer despiste podía xogar unha mala pasada. Do rival 2 ocasións en todo o partido. Na primeira metade ningunha que poida recordar .
Para min, e sen desprecialos que por algo van arriba, non os vexo un gran equipo, sí compactos, e con un par de xogadores bós (22 e 23). Pero xogan demasiado o contacto, e moitos puntos seguro que os sacan polo campo. O truco era non deixala botar. Si botaba había mil posibilidades para que saise en noutras tantas direccións.
Nunha xogada embarullada lanza David a porta e peta na man dun contrario na área. Penalty que Roberto non pode transformar.
Nunha xogada embarullada lanza David a porta e peta na man dun contrario na área. Penalty que Roberto non pode transformar.
Eles teñeno bastante controlado. Nunha xogada pola súa banda esquerda. Centro a área e varios rexeites que acaban no 1-0. Media ocasión e imos perdendo.
Non nos desesperamos e seguimos finos. Víase que non iamos perder. Nunha xogada de loita e perseverancia Alberto pon o empate. Quedaba tempo e seguimos atacando.
Os últimos minutos foron de moita brega e con gol anulado o Pantón por fóra de xogo. A pesar das suas protestas era moi claro. Podía haber ata 3 xogadores en fóra de xogo.
Acaba o partido e saimos con boas sensacions. Co bloque forte e sen descolgarnos da cabeza da liga nun dos campos máis complicados. Agradecer o apoio de Trasko e José Antonio e a botella de licor que levaron. A o míster que levou o partido de forma impecable XD, e a Jonhy por as fotos.
Goles: 1-0; 1-1 Alberto.
Bande: Días/ Pablo, César, Pin, Giro/ Roberto, Alberto, Víctor, Luis, Eli / David.
Tamén xogaron: José, Tito, Jose Armada e Manu.
Goles: 1-0; 1-1 Alberto.
Bande: Días/ Pablo, César, Pin, Giro/ Roberto, Alberto, Víctor, Luis, Eli / David.
Tamén xogaron: José, Tito, Jose Armada e Manu.