lunes, 6 de marzo de 2017

Vilatuxe 0-2 Bande

Victoria moi traballada, ante un rival que engaña pola súa clasificación. Domingo pola mañá, mal tempo, campo en perfecto estado... para sementar patacas, porque o que se di para xogar o fútbol...

Partido dos de hay anos, de barro hasta no último centrímetro do corpo, de contacto e pelea en cada xogada e no que dar 3 pases seguidos era prácticamente imposible.


Na primeira parte intentamos estar xuntiños atrás e saír pola banda de Victor con balóns largos. Pero era moi difícil. Creamos perigo e algún balón colgado e nalgunha falta e corner. Eles pola súa banda na primeira parte tiveron unha boa ocasión nun centro que se envenenou e bateu no noso longueiro e nunha chegada que despexou Días a corner sen máis problema.

Na segunda parte as pernas comezaron a pesar. O campo cada vez máis impracticable e as chegadas as áreas ainda máis esporádicas. 

O Vilatuxe tuvo dúas ocasións claras e moi similares entre sí. A primeira dun balón largo a espalda dos nosos centrais que salva Pablo baixo paus e unha segunda moi semellante que Días detén aguantando con moita seguridade o dianteiro que o encaraba.

Pola nosa banda pouco perigo a verdade. O campo pasábanos factura e chegabamos pouco. Algunha arrancado de "Bufalo" Pin e pouco máis. Pero a falta de 10 minutos apareceu o danzarín de Verea "Sweet" Elías (apodo recollido do xefe de prensa Loren) e con 2 goles en apenas 5 minutos finiquitou un duelo que parecía avocado o empate.

Gran victoria que nos permite seguir na loita polo ascenso e encarar con boas sensacións o duelo da semana que ven fronte o Porqueira.

Goles:
0-1 Elías
0-2 Elías

Bande: Días/Gascoine, Pin, Roberto, Tito, Giro/ Alberto, Elías, Negro, Víctor/ David.
Tamén Xogaron: Loren, Pablo e Jose Armada.
























































No hay comentarios:

Publicar un comentario