jueves, 23 de febrero de 2017

Mesón Emilio 1-2 Bande

Mesmo resultado, distintas sensacións. Se a semana pasada saíamos o campo atolondrados, esta semana o equipo parecía distinto. Saímos concentrados, seguros do que facer. Con criterio e con bastantes chegadas a área rival.

Con balóns largos as costas dos laterais fixemos moito dano. Víctor e Manu desbordaban con facilidade e os goles víanse madurar na árbore. O primeiro dunha boa xogada trenzada, zapatazo de Manu imparable. O pouco tempo de novo outra boa xogada de toque e dende a frontal Negro clava outro golazo rozando o longueiro.

Deles só recordo un lanzamento o longueiro (en claro fora de xogo) e as charlas do calvo (Julio "tu que jugaste ¿en la Bola?". O sistema defensivo do equipo funcionou e conseguimos atar ben o seu pequeno dianteiro, moi rápido e habilidoso. Un dolor d ecabeza que o ano pasado nos clavara 4 goles en 2 partidos.

O descanso trouxo a noite e apagousenos un pouco a bombilla. Defensivamente seguimos ben, sen apuros, pero costabanos máis chegar a área rival... Algunha que outra xogada de toque e as arrancadas de "Búfalo Pin" desastascaban por momentos o noso xogo.

Nunha xogada sen historia, un rival decide que Manu faga unha visita a valla do campo. Resultado Manu expulsado e o rival de rositas. Pesan máis 3 palabras ("tu puta madre") que un viaxe contra o ferro. O árbitro un prepotente impresentable. O rival, ese xogador en concretro, un sinvergüenza.

Quedámonos con 10 e 25 minutos por diante. Pouco a pouco fúmonos meténdo na nósa área, normal dadas as circunstancias. O seu único perigo chegaba en faltas colgadas que normalmente nin se acercaban o radio de acción de Días. Pero fruto da insistencia, nun deses centros clavannos un gol. Tío solo no segundo pau. 1-2 e a seguir remando.

Pero houbo unha clave para desafogar definitivamente o noso xogo. Negro pasa arriba e empeza a pivotar. Parecía cun imán non seus pés. Sólo o paraban a base de faltas. Intelixencia futbolísitica en estado puro. E ahí foi morrendo o partido, non sin algún apuro dado que apretaron moito o final, pero sin realmente ningún tiro máis por porta, o que fixo un partido bastante plácido para Días.

3 puntiños máis e o ascenso a tiro de empate. Quen o diría a primeiros de tempada, cando buscábamos a competitividade. Moi grande equipo!!!

Goles:
0-1 Manu
0-2 Negro
1-2

Bande: Días/ José, Pin, Pablo, Giro/ Roberto, Alberto, Negro, Víctor, Manu/ Luis.
Tamén xogaron: Loren, Edu, Tito,  Jose Armada e David,

No hay comentarios:

Publicar un comentario