miércoles, 15 de febrero de 2017

Bande 2 - 1 Café Vivián

Tarde de peli e manta a do sábado en Bande. Aire e frío. Neve ao lonxe. Un paisaxe idílico, para quedar pasmado. Así saimos o terreo de xogo. Pasmados. Faiseme difícil recordar un partido tan raro, no que apenas enlazamos xogadas de perigo. No que costa un mundo dar dous pases seguidos.
Parecíamos desganados, sin ansia.

Eles con 2 xogadores de bo nivel, nº 21 dianteiro de bo toque e colocación, e o nº9 un gran xogador, moita visión e control. O resto do equipo bastante normaliño.

Voltando o xogo, soamente as arrancadas de Manu por a banda dereita traian algo de perigo. Pero nunha desas Jose Armada decidiu apretar o acelerador, presiona a saida rival, pon un gran centro e Alberto en escorzo (e sen mirar, jeje), clava o balón na escadra dereita. Practicamente única ocasión medio clara e pómonos por diante. O 65% do gol e de Jose Armada por a pelea. O resto de un Alberto que nos está levantando este ano a base de goles de todas as cores.

Pouco máis que contar do primeiro acto. 1-0 e partido por decidir.

A segunda parte arranca coma a primeira. Seguimos espesos, gracias que o rival tamén, e apenas hay ocasións. Pero unha falta o borde da nosa área transformase no empate. Non habían lanzado por porta e empatan o partido...

Pero a reacción non se fixo esperar, un picado Luis quixo poñer a replica e tamén de falta (moi ben lanzada) volve a pornos por diante. A partir de ahí os rivais tocan corneta e poñen ata 5 xogadores na dianteira. Como consecuencia metémonos case na nosa área e chegan as súas ocasións máis claras.

A primeira un lanzamento moi potente que se colaba pola cepa esquerda, a que Dias responde cunha gran man e envía o balón a corner. Despois un barullo na área que acaba cun lanzamento do nº19 e Pablo saca o balón baixo paus. E unha terceira cun balón chovido no que 3 xogadores nosos e un rival nos chocamos e case provocamos o lío...

E con pouco máis xogado acaba o partido e nos levamos 3 puntiños moi importantes. Tanto que nos permiten seguir no 5º posto a tan só 4 puntos do ascenso.

Goles:
1-0 Alberto
1-1
2-1 Luis

Bande: Días/ José, Pin, Julio, Giro/ Alberto, Eli, Pepe Quintas, Victor, Luis/ David.
Tamén xogaron: Gascoine, Pablo, Edu, Manu e Jose Armada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario