domingo, 27 de noviembre de 2016

Bande 2-1 Ribeiro. Victoria Pelexada

Gran victoria nun partido intenso, duro, de brega. Nun día frío e oscuro, tocou baixar o barro, non dar balóns por perdidos e loitar cada segundo do partido.

Poríasenos moi de cara, cando a redor dos 20 minutos, con unha falta moi ben botada por Giro e peinada cara atrás por Alberto, fai imposible a estirada do porteiro. A balón parado somos moi fortes. Cos guantes de Giro, Tito e Eli, sumado a grandes cabeceadores coma Roberto, Alberto ou Pin, temos gran poder por arriba.

Defensivamente foi un partido moi serio, apenas nos inquietaron, e cando o fixeron foi máis por fallos nosos que por bo xogo deles. So recordo 2 tiros a porta deles en todo o partido. 
De todas formas ainda que nos chegamos máis a súa porta, non acababamos de funcionar ben. Cada pase supuñanos un mundo e non tiñamos o partido controlado de todo. 

A pesar desto, nunha das boas xogadas do equipo, trenzase unha combinación de Alberto con Victor, este cede a Roberto que bate raso a esquerda do porteiro. 2-0. 

Na última xogada da primeira parte centro do Ribeiro dende a banda dereita e remate de cabeza o fondo das mallas. 2-1 e sensación de mazazo antes do descanso. Luis marchou lesionado no tempo de lecer. Unha pena.

A segunda parte foi rara, trabada. Se cadra moito máis que a primeira. Tivemos un par de ocasións claras, unha dun saque de esquina no que ata 3 xogadores nosos non acertaron a rematar, e algún fora de xogo en contra moi dudoso que nos deixaba diante do porteiro. 

Os últimos 20 minutos fóron de guerrilla, homenaxe o defunto Fidel. 
Cada xogada era unha protesta rival ou nosa. Dous tocados (Julio e Pin) que nos restaron folgos a o final. Nos con varias amarillas xogamos con lume. E nunha destas queimamonos. O pirómano neste caso foi Alberto, que con 1 cartón anterior protesta un pisotón e marcha estrear as duchas novas. Tirón de orellas e a seguir. Poucos apuros ata o final a pesar de estar con 10, e victoria moi traballada contra un rival incómodo.

O mellor: Gran victoria, moi sudada e que seguimos cerca dos primeiros postos.
O peor: As lesións e o moito que nos costou seguir o ritmo de partido, sobre todo en ataque.

Goles:
1-0 Alberto
2-0 Roberto
2-1

Bande: Días/ Julio, Pin, Pablo, Giro/ Tito, Roberto, Alberto, Victor, Jose Armada/ Luis.
Tamén xogaron: José, Edu, Eli, David e Negro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario