miércoles, 21 de diciembre de 2016

Unha de cal e unha de aréa

Analizamos as dúas últimas xornadas antes dos polvoróns. 2 xornadas seguidas na casa que depararon dous mundos distintos. 2 caras dunha moeda.

O primeiro deles a derrota por 1-2 fronte o Atlético Unión (antigo Velle).
Xa antes de comezar sabíamos que iba ser un partido difícil. Dásenos mal. Xogar contra eles é un marrón. E se o acompañas con un partido bastante malo por a nosa parte tes o cóctel listo.
Dous tiros a porta por a súa parte e replegarse atrás. Moita presión por parte de todos eles e moita intensidade, desbordada por ocasións. Sigo sen explicarme que acabasen con 11.

Pero volvendo o caso. 2 goles, 2 tiros seus, 2 FALLOS NOSOS. O primeiro chega dun rexeite de cabeza dos nosos centrais, que o noso medio campo non recolle. Sóname a canción de algo, terei que usar o Shazam. Apertura a banda, centro e gol de cabeza. 0-1 e cara de pasmo. Parece que por 10-15 minutos tocamos un pouquiño o balón, Victor recolle unha moi boa asistencia e queda só diante do porteiro e... balón o pau, mala sorte, pero podería haber cambiado o partido. Volve o partido bronco. Novo rexeite dos centrais, que de novo recolle un xogador rival. Párase, pensa donde a vai pór e gol.

Acaba o primeiro tempo ca sensación dun posible empate que se traduce en derrota, pero dun xogo bastante desastroso pola nosa banda.

Na segunda parte intentamos sair a apretar máis. Cambio de sistema dun 4-5-1 a un 3-5-2. Arriesgamos, pero saiunos ben a xogada. Nun gran cabezazo de Edu empatamos o partido, pera xa moi preto do final. Entre medias patadas, lesións finxidas, máis entradas a destempo e guerrilla na que caímos sen xogar a penas nada durante o último tercio de partido. Derrota dura.

O percance anterior parece que nos espabilou e tomámonos a visita do Talleres Pablo con máis seriedade. Victoria por 3-1. Con mellor xogo e co equipo máis compacto.

O final terá razón Alberto: "Vannos mellor os equipos de máis calidade". Saimos ben plantados, Con ganas, tocando o balón e pasando poucos apuros. Na primeira parte Días foi case que un espectador máis, excepto nun par de balóns chovidos, recollidos con facilidade. Por a nosa parte por primeira vez en tempo o equipo mantivo as liñas bastante xuntas. Varias ocasións e pequeno susto nun golpe de Loren co porteiro rival o intentar cabecear unha falta lateral. O home é de pedra, non pasa nada. Nunha destas chegou Victor para resarcirse do fallo da semana anterior.

Sorprendeume como o rival con xogadores de toque (Permuy, Chayanne e un par de peloteiros máis) buscaba moito o balón largo; non creo que sexa o mellor para eles...

Pola nosa parte tralo descanso seguimos igual. Sen apuros atrás e con ocasións bastante continuas.
Unha internada de Eli, tras caracolear na área produce un penalty que él mesmo se encarga de transformar. 2-0 e partido controlado. Só recordo 3 tiros seus máis ata o final. 2 faltas moi centradas e unha que entrou por a escadra. Golazo ante o que nada poido facer Días.

No saque de centro vimos o case seguro gol do ano. Cos xogadores rivais festexando o gol, saque de centro e gol de 50 metros de Negro. Gol de sabio. De pillo. De pícaro. De crack. O gol que tanto lles costara facer quedou en nada ante esa obra de arte.

E pouco máis que salientar. Algún gol máis que poido caer e 3 puntiños que nos deixan na parte alta da táboa. 6º posto a 8 puntos do líder e bo sabor de boca antes do parón navideño.

De parte de todos os compoñentes do Bande Veteranos desexamosvos moi feliz nadal a tod@s e que sigamos na boa liña no 2017.


No hay comentarios:

Publicar un comentario