sábado, 5 de noviembre de 2016

Cea 1 - Bande 3

Tarde fría anque soleada a que nos esperaba o chegar a Cea. Traíamos moi boas sensacións dos últimos 3 partidos nos cales soupemos sobrepoñernos a un inicio irregular de tempada.
Algo máis de colocación, concentración e sacrificio fixeronnos un grupo máis forte.

A pesares desto os primeiros 10 minutos saímos como o tempo: Fríos. Como esperando a que nos desen un bofetón para despertar. E coma sempre chegou. Unha falta bastante dudosa, da lugar a un lanzamento forte o cal detén Días en primeira instancia, pero o seu rexeite foi recollido por un rival (entraban dous máis solos) e que solo tuvo que empuxar o fondo da rede.

Poderíamos virnos abaixo... Pero non. A partir de ahí o partido cambiou. Empezamos a mover ben o balón e pouco a pouco comenzaron a chegar as ocasións. Cando nos pomos facémolo moi ben. Os rivais corrían detrás do balón e pouco ou nada volveron a inquietar a nosa porta en todo o partido.

Nunha destas xogadas trenzadas lanzamento que bate na man dun contrario e penalty claro. Lanza Alberto ben colocado, pero sale repelido polo pau. Mala sorte, mal fario,.. Pero seguimos tocando, xogando, combinando. Fútbol lle chaman. E nunha nova xogada trenzada balón para Manu, que queda só diante do porteiro e define con potencia. Partidazo que se marcou.

Tocamos corneta de novo. Tiros lonxanos, cercanos, corners, faltas. Tiramos de repertorio... e nunha xogada de crack pola banda esquerda de Victor, tras irse de varios xogadores, volve perforar a meta rival. Jesé nos mellores tempos. Recorrido e clase. Ese algo especial que a él lle sae natural.

Acaba a primeira metade e saímos na segunda igual ou mellor. Non demos opción. Os 10 segundos gran ocasión que non pode rematar Roberto de forma satisfactoria. Moitas ocasións. De todas as cores. Destacar unha de Luis a reviravolta que parecía irse alta e de non ser por a atención do porteiro case remata en gol. Outra de Negro dentro da area pequena que non acertou a colar nas mallas.

Do Cea poucas noticias. controlamolos moi ben e non inquietaron nada. Axudas constantes do medio campo e loita en cada balón. So nos viñemos un pouco abaixo os últimos 10 minutos, quizais mermados polos poucos cambios tras as molestias de Eli e César. Pero non pasamos apuros. De feito na última xogada Negro aproveita un gran pase de Alberto e clava un golazo a esquerda do porteiro.

3 puntos e continuamos na liña do último mes, loita intensidade, axudas e compañeirismo. Así da gusto xogar.

Goles: 1-0; 1-1 Manu; 1-2 Víctor; 1-3 Negro.

O mellor: Seguimos en liña positiva sumando 10 dos últimos 12 puntos e cun xogo intenso.
O peor: Quizais eses 10 primeiros minutos nos que nos costou arrancar.

Bande: Dias/ Victor, Pin, Pablo, Giro/ Tito, Roberto, Alberto, Negro, David/ Luis.
Tamén xogaron: César, Manu e Edu. Eli, lesionado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario