miércoles, 7 de septiembre de 2016

Bande Veteranos 1-4 Sarreaus (Amistoso)

Por Pablo Duran


Como diría o gran Camilo Sesto "siempre se repite la misma histoooria".


Primeira parte moi competida na que apenas nos inquietan nun par de accións illadas. O equipo cas liñas XUNTAS, e recalco XUNTAS, non ten problemas para levar o peso do partido e dispor de 3 ou 4 claras ocasións de gol.

Pero chega o descanso e comeza o descalabre. Sona a repetición, a deja vu, pero e unha realidade palpable no presente. pasado o minuto 50 o equipo comeza a partirse en dous: Defensa e Pivote por un lado e Medio Campo e Dianteiros por outro. Espacio no medio campo de 15 metros entre liñas. E 1º gol en contra. Lanzamento en longo do Sarreaus, despexe da defensa e... nadie para o rexeite. Consecuencia: xogada rápida e gol en contra. En outra transición rápida chega o 0-2 co dianteiro empuxando o balón a rede a escasos 2 metros da liña.

Parece que espabilamos uns minutos e nun gran pase en profundidade (dubido se foi Alberto ou Negro) gran definición de Pacho. Parece que non está, pero case sempre resolve. Espellismo. O terceiro gol é unha xogada calcada a do segundo, agás que o xogador limiao dende algo máis atrás, clava un golazo escorado o pau dereito de Edu.

O cuarto simplemente admiralo. Falta lonxana que clava o central do Sarreaus pola escadra esquerda.

A pesar das baixas de Dias, José, Roberto, Eli, Santi, Gascoine, Luis e a estrela do equipo Loren ;), non podemos por excusas. Temos equipo para xogar moi ben o futbol e solo con estar máis xuntiños no campo, vamos a ser un moi difíciles de batir. Xa o demostramos o ano pasado en campos como Arnoia e A Cañiza. Por que non repetilo este ano?? Estamos convecidos de que así será. Arriba rapaces.

Bande: Edu; Pepe Quintas, Pin, César, Giro; Tito, Alberto, Negro, Victor; Pacho e David. Tamén xogaron: Julio, Pérez, Pablo, Manu e Jose Armada. Goles: 0-1; 0-2; 1-2 Pacho; 1-3; 1-4.

No hay comentarios:

Publicar un comentario