domingo, 25 de septiembre de 2016

Macendo 4-4 Bande

La vida sigue igual. Aínda que parecía que non. Me explico.

Comezamos o partido bastante ben plantados. Sin chegar a dominar de todo, pero sin pasar apuros. Nun pase en longo os centrais rivais pensan que chega o porteiro a o balón e viceversa. E aparece o máis pillo da clase, Victor, controla o balón, baixao e recorta o porteiro para marcar a porta vacía.

A pesar do gol seguimos sin dominar. Cóstanos un mundo dar 3 pases seguidos. Pero sonríenos a sorte. Penalti a favor e Tito que executa con maestría, facendo imposible a estirada do porteiro.
Agora sí. Agora xa temos o partido no bote... pois non.

Sin facer un gran fútbol empezan a arrinconarnos cerca da nosa área. Por momentos os 4 defensas marcando a xogadores contrarios. E nun balón largo deles Alberto cede o balón involuntariamenteo medio, chega un xogador deles de segunda línea e bate a un Días que nada podía facer.

Volta a empezar. Seguimos incomodos, pero nestas apararece o bastión do medio Pin e arranca unha xogada individual que remate duro abaixo tras levarse a 3 rivais. Golazo.

Pero pouco dura a alegría. Un par de minutos e penalti en contra por man de Luis, na que para min e empurrado anteriormente. Visto y no visto. Bo lanzamento do rival o que a piques está de chegar Dias con unha gran estirada.

E así chegamos o descanso, coa sensación de regalar 2 goles e con pouco futbol combinativo por parte nosa. Eles tampouco propuñan demasiado.

Comeza o segundo tempo e o equipo pártese de novo. Coma nas xornadas anteriores, seguimos adolecendo de moita separación de líneas. E eles deronse conta. Moito balón a costas da nosa defensa e moito que correr para atrás. Nunha destas balón largo e despexamos a corner, creo que Pepe.
Centran e tras un barullo na area, o seu central deixase caer. Penalti en contra. Hay que decir que o final do partido o contrario recoñeceu que se tirou.

Lanzan e transforman. 3-3 e partido costa arriba. Faltannos folgos e eles seguen o seu. Balons largos e pillar algo. E nunha desas abren o balón a esquerda, centran e recibe solo o dianteiro que iba a carreira remachando a placer. Fallo de Pablo que non mide ben a carreira e non da chegado o cruce.

4-3. Moi costa arriba. Pero parece que nos espabilou. Os útimos 15 minutos foron de rexurdir do equipo. Moitas ocasións. Nunha delas Pacho resolve unha gran xogada combinativa e establece a igualada.

Logo 3 ou 4 ocasións máis nas que poidemos gañar o partido , pero xa non tuvemos sorte.

O peor: Mal plantados no campo, descolocados moitas fases do partido, con moita distancia entre lineas e dando facilidades o rival.

O mellor: Apenas nos crean xogadas de ataque a non ser por fallos nosos e non nos rendimos e demos a cara ata o ultimo segundo podendo incluso gañar. Temos moita marxe de mellora.

Bande: Dias, Pepe Quintas, César, Pablo, Giro/Tito, Alberto, Victor, Manu, Eli/ David. Tamén xogaron: Julio, Pin, Pacho e Luis.


No hay comentarios:

Publicar un comentario